O seu fillo, o incansable Darío Rivas foi uno de los verdadeiros impulsores da Querella Arxentina contra os crimes de Franquismo, reclamación de xusticia que non puido ser realizada en España grazas á absoluta impunidade da que gozan estas violacións dos Dereitos Humanos no Estado español, promovida tanto polo Poder Xudicial como polos sucesivos Gobernos desde a morte de Franco. Grazas á denuncia presentada el 14 de abril de 2010 por D. Darío Rivas, entre outros/as familiares, o Xuzgado Nacional no Criminal e Correccional Federal nº 1 de Bos Aires, abriu dilixencias a través de la xuíza Dña. María Servini de Cubría. Comenzaba daquela unha longa andaina en percura da Verdade, Xusticia e Reparación, algo que miles de vítimas do Franquismo levan reclamando décadas e que aínda os poderes do Estado non satisfixeron.
D. Darío Rivas Cando, que hoxe conta con noventa e cinco anos de idade viaxiou este veran á súa terra natal, Galicia e coincidindo co X Aniversario da exhumación do seu pai D. Severino Rivas realizarase unha homenaxe de recoñecemento ao seu labor en favor dos Dereitos Humanos, na defensa de vítimas e familiares dos crimes do franquismo, quen en moitos casos víronlle como o exemplo necesario para comezar a procura de Xusticia alén do mar.
O día 19 de agosto de 2015 ás 12 horas, no Cemiterio de Cortapezas-Portomarín (Lugo) levarase a cabo unha homenaxe a e, a continuación, ás 14,00 celebrarase unha comida de fraternidade no Restaurante de Santa Mariña en Portomarín.
Para a comida prégase confirmar asistencia: