July 16, 2019

Actualidad:

¡¡Semana a tope!! -

miércoles, junio 26, 2019

El Silencio de Otros en el FICDH de Buenos Aires -

miércoles, mayo 29, 2019

¡QUE VIVA MÉXICO, CABRONES! -

viernes, marzo 29, 2019

Homenaxe a Darío Rivas Cando

X Aniversario da exhumación de D. Severino Rivas
D. Severino Rivas Barja, alcalde de Castro de Rei foi asesinado o 29 de octubro de 1936 por un grupo de falanxistas xunto ao veciño de Lugo, Víctor do Rego. Cando se cometeu o crimen, o seu fillo atopábase en Argentina, onde emigraran en busca dun futuro millor, do mesmo xeito que o fixeron milies de galegos no pasado século. Sesenta e nove  años despois, en agosto de 2005, os restos do último alcalde democrático deste municipio da Terra Chá foron localizados e exhumados en Cortapezas, Portomarín, no lugar no que os seus asesinos elixeran para arroxar o seu corpo. Grazas ao labor da Asociación para a Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), o seu fillo Darío pudo dar unha digna sepultura e un emotivo adeus a D. Severino.

O seu fillo, o incansable Darío Rivas foi uno de los verdadeiros impulsores da Querella Arxentina contra os crimes de Franquismo, reclamación de xusticia que non puido ser realizada en España grazas á absoluta impunidade da que gozan estas violacións dos Dereitos Humanos no Estado español, promovida tanto polo Poder Xudicial como polos sucesivos Gobernos desde a morte de Franco. Grazas á denuncia presentada el 14 de abril de 2010 por D. Darío Rivas, entre outros/as familiares, o Xuzgado Nacional no Criminal e Correccional Federal nº 1 de Bos Aires, abriu dilixencias a través de la xuíza Dña. María Servini de Cubría. Comenzaba daquela unha longa andaina en percura da Verdade, Xusticia e Reparación, algo que miles de vítimas do Franquismo levan reclamando décadas e que aínda os poderes do Estado non satisfixeron.

D. Darío Rivas Cando, que hoxe conta con noventa e cinco anos de idade viaxiou este veran á súa terra natal, Galicia e coincidindo co X Aniversario da exhumación do seu pai D. Severino Rivas realizarase unha homenaxe de recoñecemento ao seu labor en favor dos Dereitos Humanos, na defensa de vítimas e familiares dos crimes do franquismo, quen en moitos casos víronlle como o exemplo necesario para comezar a procura de Xusticia alén do mar.

O día 19 de agosto de 2015 ás 12 horas, no Cemiterio de Cortapezas-Portomarín (Lugo) levarase a cabo unha homenaxe a e, a continuación, ás 14,00 celebrarase unha comida de fraternidade no Restaurante de Santa Mariña en Portomarín.

Para a comida prégase confirmar asistencia:

10aniversarioexhumacionrivas@gmail.com
658680904 ( Carmen Rodeja) 
657248780 ( Mero Iglesias)
Leave A Comment

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies